Perlas

¿Qué función dar al TwinSpace cuando no se trabaja en él?

10
Nov
2010

perla_mediterranean_productsYa se ha cumplido un año de la última actualización del TwinSpace y sus nuevas herramientas han ampliado las posibilidades de multitud de proyectos durante el curso pasado. Sin embargo, hay docentes que prefieren trabajar en otras plataformas, como es el caso del proyecto Mediterranean products, llevado a cabo por los estudiantes de 4º de ESO del IES Sol de Riu y sus socios griegos, italianos y turcos.

 

Aprende divertíndote

26
Xul
2010

perla_how_enviroment_affects_healthAs posibilidades que nos ofrecen as ferramentas TIC na actualidade son moi extensas. Á colaboración e comunicación entre persoas físicamente distanciadas, únese o valor creativo que aportan ás actividades. Neste sentido, destacamos o cómic que os alumnos de 3º de ESO do I.E.S. Esteban Manuel de Villegas elaboraron no proxecto How the environment affects our health, levado a cabo cun centro alemán.

   

Que sabes de Europa?

18
Xul
2010

perla_mipresent_past_futureOs alumnos de 3º de ESO do IES Eduard Fontseré (Cataluña) realizaron unha actividade de marcado carácter colaborativo dentro do proxecto My present, my past, my future. Cunha exposición sinxela e común a moitos proxectos eTwinning, neste caso, a mostra das diferentes culturas foi  máis alá do mero intercambio. Os estudantes  españois, polacos e eslovacos investigaron a xeografía, a historia, o clima, a fauna, a flora, etc. dos seus socios e posteriormente demostraron os seus coñecementos nunha proba de avaliación a través de  chat. Cada grupo preparou 20 preguntas sobre o seu propio país  e formuloullas ós seus compañeiros europeos ¡E todos estaban ansiosos por contestalas correctamente!

 

   

Non o escribas... cóntamo!

12
Xul
2010

perla_HelloNo proxecto “Hello! I’m looking for a friend!” dos alumnos do Primeiro ciclo de Primaria do CEIP San Juan Bautista (Madrid)  chamounos a atención unha actividade que pode ser reutilizada e adaptada en moitos proxectos  escolares formulados para o estudo dunha lingua extranxeira.

A profesora Mar Bermejo preparou cos seus alumnos unha actividade para que os seus socios europeos os coñezan un pouco mellor. Cada neno debuxou o seu autorretrato con Paint e grabado unha locución presentándose. A profesora insertou cada audio no debuxo correspondente compoñendo unha bonita galería.



 

Aínda que o uso de ferramentas TIC nos poida parecer complexo, moitas delas permítennos, cun mínimo grao de dificultade, traballar  distintas competencias dos alumnos. Neste caso, esta sinxela combinación de debuxo e audio axúdanos a desenvolver  as competencias orais dos nosos alumnos. Non é doado para moitos deles falar en público, e este tipo de ferramentas pode axudar ós máis tímidos, a quen lle costa falar en clase. Ofrece a posibilidade dunha avaliación rigorosa nesta destreza e favorece a autoavaliación e a autoaprendizaxe. Pódese traballar con ferramentas e actividades de maior ou menor complexidade, de acordo co nivel educativo, e en Hello! I’m looking for a friend! vemos un bo exemplo diso: un sinxelo plantexamento que da moito xogo.

Esperamos que vos sirva de inspiración. Se estades interesados nestas ferramentas para desenvolvemento das destrezas orais, e buscades máis información no portal educativo Educ@conTIC podedes atopar unha boa recompilación: Herramientas para las destrezas orales.

Para subir presentacións con audio a Internet podes usar varias plataformas gratuítas, por exemplo, para aloxar a deste artigo usamos authorSTREAM.

 

   

A linguaxe corporal europea

22
Feb
2010

A seguinte actividade é un diccionario comparativo de xestos, creado por un centro polaco e outro italiano como parte do proxecto Sous le ciel de la compréhension. Este diccionario posúe un grande valor, xa que amosa un excelente traballo en colaboración. Ademais, deixa entrever o diferente e á vez iguais que somos os que vivimos baixo o mesmo ceo... Sendo conscientes de que a linguaxe corporal xoga un importante papel na comunicación e que os xestos que facemos ó falar forman parte da linguaxe, os alumnos elaboran este diccionario co obxectivo de comprender as diferenzas e similitudes entre culturas. Nel, comprobaron que existen xestos idénticos en ambos países, como Silencio!. Outros, que aínda sendo iguais, non significan o mesmo, como Teño fame ou outros que só existen nalgún dos países, como o utilizado para expresar ¡Non teño nin un duro! en Polonia ou ¡Voume!, en Italia.

Sousleciel2

 

 

Podes ver o vídeo do diccionario comparativo de xestos desde aquí.
   

Páxina 5 de 6

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar