Perlas

Algo máis que Matemáticas

19
Xan
2012

nosolomateAínda que o deseño curricular actual mantén a tradicional división en áreas para as etapas de Infantil e Primaria e en materias para Secundaria, a investigación pedagóxica avoga, sempre que sexa posible, por un enfoque interdisciplinar dos contidos. Nos proxectos eTwinning é frecuente atopar traballos nos que participan profesores e se desenvolven actividades de distintas áreas/materias, o que demostra o interese crecente entre os docentes por esta metodoloxía interdisciplinar. Dadas as características desta acción, son numerosas as ocasións nas que se decide traballar nunha lingua estranxeira e, polo tanto, se desenvolven tarefas con obxectivos e contidos desta materia xunto cos de outra/s. Porén, resulta máis difícil atopar actividades intercurriculares nas que estean presentes as matemáticas, polo que destacamos algunhas das que vimos entre os proxectos presentados ós Premios Nacionais eTwinning 2012:

 

O Making of dun proxecto eTwinning

16
Xuñ
2011

makingoff

No cine, un making of, tamén denominado cómo se rodou, é un vídeo documental que amosa cómo foi a produción dunha película ou un programa de televisión. Os making of máis breves empréganse a miúdo para explicar o proceso de produción e recoñecer o traballo das persoas que participaron na rodaxe. Pero ¿que ten isto que ver cos proxectos eTwinning? Cada vez nos atopamos máis proxectos que  se caracterizan pola variedade de actividades que realizan os alumnos - presentacións de diapositivas, wikis, blogs, chats, videoconferencias - . Porén, non sempre é posible ver como se realizaron ou como se organizaron. Para calquera que non participe nun proxecto é interesante poder presenciar, como se fose un membro máis, o seu proceso, os axentes que participaron, os medios que se usaron, etc. Referímonos ó making of dun proxecto eTwinning.

   

Ideas de proxecto do curso eTwinning 2.0

13
Xuñ
2011

ideas_cursoDesde o Servizo Nacional de Apoio queremos dala noraboa a todos os docentes que participaron no curso eTwinning 2.0 durante a segunda edición de cursos en rede do ITE, do 2010-2011. Aínda que actualmente é recoñecida a necesaria formación continua dos profesores, a falta de tempo dificulta ás veces esta tarefa. Nesta ocasión foron moitos os que  realizaron satisfactoriamente o curso, esperamos que para a próxima convocatoria, que será en outubro, vos animedes moitos máis. Avisarémosvos desde a nosa web.

   

Aprender xogando

07
Xuñ
2011

perla_juegosO xogo, como actividade inherente ó ser humano, favorece o desenvolvemento psicomotor, intelectual, afectivo e social, preparándonos para a vida adulta. É, polo tanto, non só unha forma de diversión, senón tamén unha maneira de aprender. Aínda que cada vez existen máis probas da eficacia dos xogos na educación, moitos docentes non atopan a maneira de integralo como metodoloxía na aula. A continuación amosamos algúns exemplos co xogo como medio didáctico en distintos niveis educativos, así como con diferentes graos de protagonismo.

   

Actividades colaborativas para Lingua e Sociais

30
Maio
2011

sombraComo xa vos fomos contando,  dentro do encontro multilateral eTwinning 2011: Colaboramos en español, organizado en Madrid polo Servizo Nacional de Apoio, impartíronse varios talleres.  Hoxe publicamos as actividades colaborativas propostas en  “Lingua e Sociais, coas mans na masa”.

   

Páxina 3 de 6

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar