Inicio / Ideas / Ferramentas TIC / Ensinar o teu proxecto...¡máis doado imposible!
.

Ensinar o teu proxecto...¡máis doado imposible!

30 
Nov 
2012  |  
 

 

imagen_webDesde o Servizo Nacional de Apoio eTwinning presentámosche algunhas ferramentas web 2.0 que che permitirán crear sitios web dunha maneira sinxela.

Son moitos os proxectos eTwinning que recorren a este tipo de ferramentas para obter unha plataforma onde os materiais e os produtos resultantes das actividades sexan amosados dunha maneira atractiva e para que a súa difusión quede asegurada. Desta maneira, todos os axentes implicados no proxecto (alumnado, docentes, equipo directivo, familias, axentes externos á comunidade educativa, etc.) poden comprobar a súa orixe, desenvolvemento e evolución e incluso, como veremos máis adiante, participar na edición do deseño e dos contidos dos sitios web que albergan tantas e tantas experiencias…

A primeira ferramenta á que queremos facer referencia é Webnode e, especialmente a súa versión educativa, Webnode EDU. Esta naceu como resultado do emprego tan extendido de Webnode  nos proxectos eTwinning. De feito, Cristóbal Gutiérrez, o mánager do proxecto comenta na páxina web oficial da ferramenta que “Observamos que nalgunhas  escolas que participan no programa eTwinning utilizan Webnode para compartir ferramentas e informacións con escolas doutros países. Ademais, organizan talleres para ensinar cómo se traballa con Webnode. Estas reaccións positivas leváronos a crear un programa para escolas a medida das súas necesidades“. Efectivamente, Webnode EDU permite a creación de sitios web de maneira gratuíta e tan fácilmente que non se requiren para o seu manexo coñecementos da linguaxe HTML ou CSS. Ademais, navegando por sitios web creados con esta ferramenta non atoparás publicidade algunha. Unha vez que completas o proceso de rexistro na súa páxina oficial, ábreseche un mundo de posibilidades para construír  a túa web. Podes crear un número ilimitado de proxectos, con 1000 MB de almacenamento cada un. Pero ¿como aproveitar todo este espazo? Webnode EDU ofréceche os elementos necesarios para facelo. Pero primeiro tes que elixir o nome, un eslogan para a web e unha plantilla das moitas que a ferramenta ofrece, á que podes cambiar o número de columnas e a disposición dos elementos. Elixe as páxinas que desexas crear e inserta nelas artigos, listas, preguntas frecuentes, foto galerías e comentarios. A través do Explorador de arquivos  navega por aqueles que queiras amosar na túa web e xestionaos (copiar, borrar, mover ou cambiarlles o nome). O mesmo ocorre co Explorador de imaxes, que permite cambiar o seu tamaño, xiralas e recortalas. Así, podes introducir texto, imaxes, videos de YouTube, Google Videos e outros provedores (mediante inserción do código HTML), audios, arquivos Flash, tablas, arquivos para descargar, etc. Engade enquisas, foros de discusión, mapas de Google, Live Maps e outros e incluso música de fondo.  Faite ver nas redes sociais incluíndo no sitio o panel de fans, o botón Gústame e a opción Comentarios de Facebook, os teus tweets máis recentes e un botón de Google+1.

O máis destacado de Webnode EDU é que o docente, con perfil de administrador do proxecto, pode crear e administrar un número ilimitado de clases e dar de alta a cantos alumnos sexan necesarios. Igualmente o docente fará uso da ferramenta Xestión de Colaboradores se desexa que tanto os alumnos como outros membros da comunidade educativa teñan permiso para editar a web (permiso de edición) e cambiar a configuración do proxecto (permiso de administración).

webnodePodemos ver exemplos da utilización de Webnode EDU en eTwinning no proxecto Fr-esp-it. Nuestro Patrimonio.  Un dos resultados tanxibles que tiñan como obxectivo producir era un espazo web para a presentación das culturas dos tres países participantes, tema central do proxecto. E alcanzárono con creces porque o sitio web creado con Webnode presenta as actividades e os materiais realizados polos alumnos ó largo de todo o proxecto dunha maneira clara e ordenada, fácil de visualizar. Bótalle un vistazo en http://frespit.webnode.it/

A mesma finalidade de publicación e divulgación dos resultados teñen os sitios web creados no proxecto Getting closer. Un deles -o de autoría española- , non recolle os materiais producidos -que se atopan no TwinSpace do proxecto, ó que nos redirixe o sitio- , senón máis ben unha descrición das actividades, imaxes, recoñecementos, etc. O outro,porén, concíbese como a plataforma indicada para a mostra das actividades realizadas de maneira colaborativa por todos os centros participantes no proxecto. 

      A_mapa_getting_closer Getting_Closer_LOGO_final_2

       http://gettingcloser.webnode.es/

http://getting-closer.webnode.cz/

A seguinte ferramenta que describimos é Weebly, que ofrece un tipo de conta especialmente deseñada para docentes. Caracterizada principalmente pola sinxeleza do seu editor web, consistente en “arrastrar e soltar” elementos desde os menús ata o entorno de edición, con esta ferramenta o docente pode crear ata 40 contas de alumnos. O igual que sucede con Webnode EDU, o manexo de Weebly é intuitivo, gratuíto e os sitios web creados carecen de publicidade.

Unha vez finalizado o rexistro na páxina oficial e outorgado un nome ó teu sitio web, Weebly  asignarache un enderezo web cun subdominio de Weebly.com. É o momento de comezar a crear o teu sitio web, non sin antes ter claro que tres aspectos desta ferramenta che virá ben coñecer para darlle ó teu sitio o mellor aspecto posible:

  • Elementos, é dicir, textos, imaxes, vídeos, etc., cada un deles coa súa propia barra de funcións específicas. Selecciona as imaxes desde o teu ordenador, desde Flickr (¡asegúrate de que estean baixo algunha das licenzas Creative Commons!) ou introducindo a URL dunha imaxe, no caso de que sexas o seu autor/a. Se o desexas podes editar as imaxes antes de engadilas ó sitio, ben de maneira individual, a través dunha galería ou mediante un slideshow.
  • Páxinas e subpáxinas do teu sitio web. Podes crear cantas sexan necesarias, incluso podes ocultalas, enlazalas a sitios web externos, etc. Pero como non só de páxinas viven os sitios web, Weebly permíteche crear tantos blogs e foros como desexes. Para este último caso Weebly ofréceche o foro Tal.ki., pero é posible que utilices outro sempre e cando poida ser insertado no sitio mediante o código HTML.
  • Temas: Elixe un tema entre os numerosos que esta ferramenta ofrece ou vainos cambiando para ver con cal te quedas finalmente, sen que os elementos que se teñan engadido á páxina cambien de sitio.  Ademais, podes editar a imaxe de encabezado -daquelas plantillas que inclúan unha por defecto- coa ferramenta ImagePerfect que Weebly che ofrece.

Ademais, Weebly permíteche incluír formularios de contacto, botóns de texto ós que poderás engadir unha URL externa, unha páxina ou arquivo no teu propio sitio web e un enderezo de correo electrónico, enquisas online con PollDaddy, etc. E con respecto á integración da túa web coas redes sociais, Weebly proporcionache a URL do teu sitio e a posibilidade de compartilo en Facebook y Twitter.

Finalmente hai que ter en conta que,  aínda que a conta educativa de Weebly ten un espazo de almacenamento ilimitado, cada arquivo non pode superar os 5MB de tamaño.  Unha desvantaxe con respecto a Webnode EDU é que podes crear só dous sitios web coa opción gratuíta.

weebly1

En vivo é un proxecto de colaboración entre un centro español e outro francés. Os resultados deste intercambio linguístico e cultural quedaron plasmados nun sitio web creado con Weebly. Un sinfín de información e materiais froito do traballo dos alumnos teñen cabida neste completísimo espazo ¡A difusión e o impacto do proxecto entre a comunidade educativa, entidades locais, outros docentes, etc. quedan así garantidos! Compróbao en http://etwinningenvivo.weebly.com/

weebly2

No proxecto EUrope, que se centra na música como elemento de unión entre os países participantes,  os numerosos materiais que se produciron poden ser contemplados nun sitio web, coidado e organizado como poucos. Navegando por el, facémonos unha idea do proceso de traballo seguido polos alumnos, o grao de consecución dos obxectivos e, o mellor de todo, a creatividade que depositaron nas actividades. Non esperes máis e accede a http://europeonetwinning.weebly.com/index.html

Wix é a ferramenta da que fixo uso Pedro Miguel Fernández Moreno -coordinador de equipos de centro eTwinning e un  dos fundadores do proxecto Daily News- para crear a revista dixital El Pitigall@ do centro do que é maestro de inglés de Primaria e coordinador TIC, o CEIP San Sebastián (El Boalo- Madrid). Esta revista, nova versión da edición impresa que comezou a súa andadura en 1989, concíbese como un medio de difusión das actividades que se realizan no centro. Ademais, todos os membros da comunidade educativa están chamados a participar na edición e, polo tanto, no enriquecemento do seu contido, ó que contribúe a elección dunha ferramenta intuitiva para crear sitios webs con resultados de alta calidade como é Wix.

Só hai que rexistrarse de maneira gratuíta e comezar a crear o sitio web, ben a partir de plantillas predeterminadas, ben desde cero. De maneira similar ás ferramentas anteriormente descritas, con Wix podes reemprazar os títulos dos menús, elixir un fondo, cambiar as cores e, por suposto, agregar os elementos que desexes: texto, imaxes, galerías, audio, vídeo, Clip Arts, botóns e menús. Comparte o teu contido a través das redes sociais e mellórao cun sinfín de aplicacións (formularios de contacto, mapas, galería Flickr, Instagram, etc.).

No proxecto BELL Business Economics Language Learning, os centros participantes  beneficiáronse da ferramenta que o Centro de Tecnoloxía da Educación do Ministerio de Educación e de Formación Profesional de Luxemburgo ofrece ós docentes, alumnos e outras personas relacionadas co mundo da educación e a formación no seu país: o creador de webfolios do portal mySchool!. Trátase dun xestor gratuíto de contidos destinado a que os axentes anteriormente mencionados poidan publicar sitios web personais, de comunidades, cursos online, cadernos pedagóxicos, etc.  Podes acceder ó sitio web creado para a publicación e a difusión dalgúns dos materiais do proxecto BELL Business Economics Language Learning desde http://comeniusbell.mysite.lu/.

Agora que xa coñeces algunhas ferramentas da web 2.0 coas que crear sitios web en só uns sinxelos pasos... ¡difunde o teu proxecto eTwinning e compárteo con outros docentes!

Imagen: fotocomposición a partir de la imagen Cloud computing, en Open Clip Art Library,bajo la licencia de Dedicación de Dominio Público

 

 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar