Inicio / Ideas / Ferramentas TIC / ¡Introduce o vídeo na aula!
.

¡Introduce o vídeo na aula!

26 
Maio 
2011  |  

grabar_videoO vídeo constitúe un excelente recurso didáctico que pode ser utilizado na aula de moitas maneiras.  Nun proxecto eTwinning poden servir entre outras cousas para presentarse ós seus compañeiros socios,  amosar o desenvolvemento de actividades, documentar o proceso de traballo e a formación de grupos, difundir aspectos típicos de cada país... etc.

Non é necesaria unha cámara profesional de vídeo para grabar, vivimos rodeados de dispositivos con cámara incorporada: móbiles, cámaras de fotos dixitais, iPads... A súa calidade non é profesional, pero permite realizar estupendos proxectos escolares. E o mellor de todo é que os alumnos son expertos no seu uso, poderanche axudar con isto.
Precisamente pola capacidade que teñen os vídeos para ser utilizados en innumerables  tipos de prácticas educativas, neste artigo amosámosche algunhas ferramentas que vos permitirán a ti e ós teus alumnos editalos dunha forma sinxela:

Windows Live Movie Maker é unha aplicación gratuíta de Microsoft que forma parte do paquete de aplicacións Windows Live. Permite crear  películas e animacións de maneira sinxela e rápida e cun aspecto profesional, a partir de vídeos e imaxes importados desde o PC ou  de calquera outro dispositivo. Con ela podes editar  a túa película, engadirlle transicións e efectos e acompañala dunha banda sonora tamén editable.  Ademais,  esta ferramenta permíteche publicar e compartir a túa película -unha vez rematada e coa opción de pasala a alta definición-, nas redes sociais, subila á túa conta de YouTubeou grabala directamente en DVD aínda que para isto terías que rexistrarte en Windows Live. Se non o desexas, podes gardar a película e subila directamente a YouTube o Vimeo desde onde poderás insertala nun blog, wiki, no TwinSpace...

Para os usuarios de Linux, a alternativa a esta ferramenta é Cinelerra, e para Mac o coñecido iMovie, caracterizado pola súa simplicidade ó realizar as tarefas de edición de vídeo con só tocar e arrastrar.

O editor de vídeo de YouTube é unha aplicación gratuíta online dispoñible ó crear unha conta de Google. Accédese desde www.youtube.com/editor. Unha vez logrado, podes editar os vídeos subidos desde a túa conta,  combinando diferentes clips e engadíndolles transicións. Esta ferramenta permite ademais cambiar o audio e engadir música directamente desde as listas de cancións de YouTube (aínda que esta opción incluirá publicidade, mellor subir a música desde o teu ordenador). E o que é mellor, esta aplicación posibilítache incluír nos teus vídeos anotacións, en forma de  enlaces a outros vídeos, canles e listas de reprodución ou incluso crear narrativas de vídeo interconectadas. Por outra parte, os usuarios poderán atopar e visualizar os teus vídeos máis fácilmente grazas á descrición que podes proporcionar en relación ó seu contido.  Unha vez rematado o vídeo, poderás compartilo subíndoo a túa canle de YouTube. En xeral, o editor de vídeo de YouTube é moi sinxelo de empregar, pero require unha boa conexión a Internet.

 

Estas ferramentas ofrecen a creación e edición de películas tanto a partir de imaxes en movemento (clips de vídeo) como de imaxes fixas. Ademais tamén existen outras aplicacións online específicas para a combinación de imaxes, dando como resultado final presentacións animadas e dinámicas.
Entre elas podemos destacar Photopeach, unha ferramenta para a creación de historias a partir de imaxes subidas desde o teu propio ordenador, Picasa o Facebook e ás que podes incluír títulos e comentarios. Poderás animar as túas presentacións con música de fondo, permitíndoche buscar en Youtube o tema que queiras engadir. Un exemplo da utilización desta ferramenta nun proxecto eTwinning atopámolo en Teaching each other: con Photopeach lévase a cabo a presentación dos alumnos e os centros participantes no proxecto.

 

 

Animotounha ferramenta online que permite converter as túas imaxes ou outras extraídas de Facebook, Flickr, Picasa, Photobucket e SmugMug en vídeos, ós  que se pode engadir textos e música, ben subida por vós mesmos en formato mp3 ou elexida  da colección de cancións que a ferramenta ofrece. Unha vez creado o vídeo, podes compartilo en Facebook e YouTube, colgalo no teu propio blog ou pasalo a DVD. Esta ferramenta está dispoñible en varias versións, unha gratuíta e dúas de pago. A gratuíta -Animoto Lite- permite a creación dun número ilimitado de vídeos cunha duración máxima de 30 segundos cada un deles. No proxecto Bookraft utilízase esta ferramenta para amosar artigos de moda deseñados polos alumnos.

 

Youtube tamén ofrece ferramentas online para a creación de animacións, mira este interesante artigo Crea as túas propias películas en YouTube… sen necesidade de cámara.

Como ves, a creación de vídeos con fines educativos converteuse nunha tarefa cada día máis sinxela, grazas á cantidade de ferramentas online gratuítas de que dispoñemos e ás múltiples opcións que éstas ofrecen á hora de editalos. Ademais, podes crear os vídeos desde cero grabando os teus propios clips de vídeo, mesturalos con imaxes, engadirlles textos, descricións... Un sinfín de posibilidades para unha das ferramentas didácticas máis versátiles e ilustrativas. Queres máis ideas para utilizar a cámara cos teus alumnos? Bótalle un vistazo a 45 Interesting ways to use your pocket camera.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar