Inicio / Ideas / Ferramentas TIC / Crea avatares con Oddcast PhotoFace
.

Crea avatares con Oddcast PhotoFace

12 
Maio 
2011  |  

oddcastOs avatares,  personaxes dixitais que calquera pode crear e personalizar, supón un gran recurso para introducir ós estudantes no uso das TIC e a súa aplicación á aprendizaxe.  O seu potencial vese incrementado na aprendizaxe de linguas estranxeiras, ó ofrecer a posibilidade de practicar a comprensión e expresión oral, evitando ademais o medo a falar en público.

Oddcast PhotoFaceé unha ferramenta que convirte imaxes en avatares de tres dimensións. A fotografía de partida pode ser algunha das que a aplicación ofrece, doutros servidores comoGoogle, Flickr y Photobucket, ou unha propia que teñamos  no ordenador ou capturemos coa Webcam. Ademais pode ser de calquera formato, iso si, dun tamaño menor a 6MB.

oddcast_caricaturizar

O noso avatar pode ser unha representación fiel da realidade, se decidimos producilo cunha fotografía propia sen retocar, pero Oddcast PhotoFace ofrece diferentes posibilidades para animala: modificar as características e expresións faciais, simular envellecemento, crear caricaturas e engadir accesorios.
A voz que acompaña á imaxe pode engadirse tamén de diferentes maneiras: escribindo o texto, utilizando sonidos pregrabados, mediante o micrófono ou ben, chamando a un número de teléfono. Unha actividade desenvolta con esta ferramenta pode, por tanto, adaptarse a diferentes obxectivos e materias curriculares.
Oddcast PhotoFace non necesita rexistro, só acceder á web e crear o avatar que, unha vez fabricado poderá compartirse mediante a url do sitio de Internet no que se atopa, correo electrónico, Facebook o incrustándoo noutros sitios mediante o código embed.
A continuación podes ver a presentación dunha das participantes no proxecto My Diary Routine- "The movie", no que os alumnos españois utilizaron Oddcast PhotoFace para darse a coñecer. Para eles foi de gran axuda o titorial sobre esta ferramenta creado por outro docente, para ti pode ser tamén de gran utilidade se decides usar Oddcast PhotoFace.

oddcast_1

Outra ferramenta de similares características e moi recurrida para as presentacións dos participantes nun proxecto eTwinning é Voki.

oddcast_voki

Neste caso só podemos utilizar as imaxes que a propia ferramenta ofrece, aínda que nos permite personalizar o avatar con distintos accesorios. O resto do proceso de creación e publicación é igual de sinxelo que con Oddcast PhotoFace. Na web de Voki podes ademais atopar e/ou compartir con outros docentes actividades educativas utilizando esta ferramenta.

No proxecto En la Red, que no te pesquen os Vokis serviron para que os estudantes intercambien coñecemento e opinións sobre diferentes temas na actividade o bo y o malo que Internet nos  deu..

Deixa voar a túa imaxinación e crea os teus propios avatares!

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar