Zunal, a raíña das Webquests
Aplicable a calquer nivel educativo e materia, a Webquest constitúe unha auténtica guía destinada a organizar e orientar o traballo do alumnado e profesorado. Dá a posibilidade de suxerir e formular un traballo ben estruturado, claro e creativo, con tarefas destinadas a mellorar as competencias do alumnado para o manexo, síntese, avaliación, clasificación e organización da información.
As actividades incluídas nelas poden formularse a curto prazo (non máis de tres ou catro clases, para o que tamén podería recurrirse ás Miniquests) ou a longo prazo (unha semana, un mes ou máis).
As Webquest ten unha estrutura fixa: A introdución debe proporcionar ó alumnado dunha maneira clara e motivadora as pautas e orientacións da tarefa a realizar. Ésta concíbese como o resultado do traballo realizado na Webquest, que se pode materializar en vídeos, presentacións multimedia, páxinas webs, etc. Pero para levala a cabo, o alumnado ten que seguir os pasos dun proceso, facilitado pola gran cantidade de recursos dixitais seleccionados polo profesorado. A avaliación do traballo por parte do alumnado ten gran trascendencia no modelo da Webquest e precede á conclusión e reflexión do mesmo.
Podemos atopar exemplos de utilización de Webquests en proxectos eTwinning enAn ET(winning project) between us e en Searching twelve labors to Hercules, empregadas como punto de referencia para que os alumnos viran a idea global do proxecto, e non só unha sucesión de tarefas.
Unha Webquest pode crearse de moitas maneiras: mediante unha wiki, un Google Sites, ou programando directamente con HTML. Porén, unha alternativa máis sinxela é xerala mediante un software online e gratuíto como Zunal.
Esta ferramenta permite deseñar unha Webquest con páxinas ilimitadas e deseño atractivo a partir de 100 plantillas dispoñibles. A interactividade e o carácter multimedia proporciónano os arquivos e vídeos que podes adxuntar de Youtube e GoogleVideos, mapas de Google e xogos.
Zunal posibilita a creación dunha Webquest en forma de proba e a obtención dunha vista previa antes da súa publicación. Podes xestionar a privacidade dos seus contidos, ocultando ou amosando as distintas páxinas que a forman.
Quizais un dos aspectos máis útiles de Zunal é a posibilidade de avaliación do traballo realizado polo alumnado a través das sinaturas, que en forma de plantillas modificables, son concebidas -en termos xerais- para lograr unha mellora nos procesos de ensino e aprendizaxe. Na actividade Old games in Sicily-Catalonia podemos ver un exemplo disto.
Así que xa sabes, se queres unha boa ferramenta que che permita desenvolver toda a túa creatividade e a dos teus alumnos, bótalle un vistazo ás seguintes referencias sobre as Webquests como recurso didáctico: unha web moi ilustrativa creada polo grupo de traballo Weblinex no C.P.R. Don Benito-Villanueva e un artigodo Observatorio Tecnolóxico do ITE. Se ademais queres profundizar no manexo de Zunal non deixes de visitar o titorial da súa páxina oficial e estes videotutoriais.
Artigos relacionados
Máis ferramentas TIC
- Uso de mapas mentales para estructurar la información
- Dale la vuelta a tu clase con eTwinning
- Uso responsable de recursos de Internet
- Comunidades de aprendizaxe: eTwinning
- Programación na aula con eTwinning
- Inxenio e Talento eTwinning: Presentacións con Emaze
- Ingenio y Talento eTwinning: Cacoo para integrar diagramas en proyecto eTwinning
- La importancia del aprendizaje visual: infografías en el aula
- Inxenio e Talento eTwinning: usar Pinterest nun proxecto eTwinning
- Inxenio e talento eTwinning: presentacións ferramentas 2.0 Conferencia Lisboa 2013