Inicio / Formación / Embajadores / Embaixadores eTwinning, cerca de ti
.

Embaixadores eTwinning, cerca de ti

26 
set 
2014  |  

embajadores v2 0

Segundo o Dicionario da Lingua  Española, Embaixador é a persoa, entidade ou cousa que por ser característico dun lugar ou país, se considera representativo deles.

 

 

 

 

 

 E entón,

Que é un Embaixador eTwinning?

En efecto, trátase dun docente representativo da acción eTwinning, e moito máis. É un docente entusiasta, con ampla experiencia no programa, que participou  en numerosos proxectos, conseguiu o recoñecemento de Selo de Calidade Nacional ou Europeo unha ou varias veces, ou foi galardoado co Premio Nacional ou Europeo eTwinning, que fai una intensa difusión dos beneficios  do programa e presta axuda a outros docentes que se están iniciando en eTwinning, tanto en asuntos de carácter técnico como pedagóxico.
En suma, os embaixadores eTwinning son profesionais que se distinguen non só polas súas boas prácticas, senón tamén polo fomento da metodoloxía de traballo en colaboración baseado en proxectos.
En España contamos cun nutrido grupo de embaixadores, con representación en todas as Comunidades e Cidades Autónomas.

Por que surxe a figura do embaixador?

Porque non sempre resulta fácil dar os primeiros pasos en eTwinning. O embaixador coñece as dúbidas e as incidencias coas que se atopan os usuarios, está cerca deles e  guíaos segundo a súa experiencia .

Hai embaixadores en todos os niveis educativos?

Entre  os membros da rede de embaixadores hai profesorado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, e Formación Profesional.

Que poden facer por ti e polo teu centro escolar? 

. Ofrecen axuda e apoio online/presencial ós docentes

. Asesoran sobre os procedementos en eTwinning

. Difunden  a acción eTwinning, tanto en actividades online como presenciais, en redes sociais, en blogs de educación, sesións de formación e encontros didácticos online,…acoden a Xornadas, Seminarios, Encontros 

. Coordinan grupos de traballo, imparten talleres en centros escolares e outras institucións educativas

. Recomendan o uso das ferramentas TIC máis axeitadas para unha determinada actividade

. Presentan exemplos de boas prácticas, que poden servir de modelo para os iniciados.

. Elaboran documentos de consulta

. E están moi cerca de ti. 

Quen os nomea?

O nomeamento dun embaixador é unha iniciativa conxunta do SNA e dos responsables do programa nas diferentes Comunidades e Cidades Autónomas. Unha vez que un docente acepta sumarse á rede nacional de embaixadores, engádese ó seu perfil do escritorio persoal eTwinning un distintivo que o identifica. Ademais, na parte inferior do módulo Quen son eu  indícase que a súa función é Embaixador

 embajador eT 2

Como me poño en contacto con eles? 

É moi sinxelo. Accede ó teu Escritorio eTwinning e fai clic na pestana ATOPAR SOCIOS, selecciona o país e a rexión. Elixe o tipo de usuario “Embaixador” e accederás ó listado de embaixadores da Comunidade  Autónoma do teu interese.

busqueda embajador escritorio

Para dirixirte a el podes utilizar o correo electrónico da plataforma.


Embaj 6

Neste mapa podes ver a distribución dos embaixadores.

Tamén podes visitar o Blog de embaixadores , que pretende ser un escaparate das accións formativas e de difusión levadas a cabo polos embaixadores, ademais dun espazo para o intercambio e a comunicación. Aquí atoparás ideas, exemplos, ferramentas, etc.

Co seu apoio, sentiraste acompañado, e todo che resultará máis fácil.

Ademais dos embaixadores, podes contactar co representante eTwinning na túa Comunidade ou Cidade Autónoma e, por suposto, co Servizo Nacional de Apoio .

Fonte das imaxes: Servizo Nacional de Apoio eTwinning.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Nuevo espacio web para aprendizaje autodidacta en eTwinning

Os informamos sobre el lanzamiento de un espacio web que albergará materiales en línea autoevaluables para el aprendizaje autodidacta en eTwinning. Este espacio nace con la intención de guiar la práctica en eTwinning tanto de los usuarios más experimentados como de los que empiezan.            Ler máis ...

Sácale partido al TwinSpace

Os presentamos un completo tutorial sobre funcionalidades diversas del TwinSpace. Con él podéis aprender a gestionar vuestro perfil, usar los servicios de mensajería interna, chat y videoconferencia. También cómo modificar y añadir páginas, gestionar documentos multimedia y crear foros de discusión. Esperamos que os resulte útil.     Ler máis ...

Gestión eficiente de los proyectos eTwinning

Ignacio Casado Alda, miembro del Servicio Nacional de Apoyo eTwinning, descubre en el siguiente vídeo las claves para gestionar de forma eficiente los proyectos eTwinning.           Ler máis ...

Gestión del TwinSpace

Diego Rojas, miembro del Servicio Nacional de Apoyo eTwinning, explica en el siguiente videotutorial cómo gestionar adecuadamente el TwinSpace, el espacio de trabajo en colaboración para los proyectos eTwinning.         Ler máis ...
Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar