eTwinning en Erasmus +
Desde o lanzamento do programa Erasmus+ en xaneiro de 2014, son moitas as consultas que recibimos sobre diferentes aspectos de eTwinning e de Erasmus+. Nalgunhas obsérvase certa confusión nos usuarios ó asignar características dunha acción á outra e viceversa. Aínda que son iniciativas relacionadas (eTwinning forma parte de Erasmus+, Guía do programa Erasmus+), teñen características que se diferencian.
eTwinning lanzouse en xaneiro de 2005 e comezou sendo parte do programa eLearning. Posteriormente estivo integrado no Programa Comenius como unha medida de acompañamento, era a acción 10 [COM10]. Actualmente, na estrutura do programa Erasmus+, eTwinning está encravado en la Acción Clave 2 (KA2): cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas.
Así mesmo, a guía do programa Erasmus+ refírese ó Servizo Nacional de Apoio eTwinning como una das organizacións implicadas na implementación de dito programa.
Na táboa que amosamos aquí abaixo, desgranamos algúns detalles diferenciadores de eTwinning e outras accións Erasmus+, que lonxe de separalas, xeran precisamente interaccións que as enriquecen e as complementan.
|
Outras acciones Erasmus+ |
eTwinning |
Organismo responsable |
SEPIE (Servizo Español para a Internacionalización da Educación) |
SNA (Servizo Nacional de Apoio)
|
Tipo de xestión |
Descentralizadas En España, coordinado polo SEPIE |
Centralizada Coordinada en Europa polo Servizo Central de Apoio, e en España, polo Servizoo Nacional de Apoio (SNA, MECD) |
Localización |
c/Gustavo Fernández Balbuena,13 |
c/Torrelaguna, 58 28027-Madrid
|
Contacto |
Teléfono: (+34) 915506718 |
Teléfono: (+34) 913778377 |
Foco |
|
|
Accións |
Organizadas en tres bloques coñecidos como Accións clave.
|
|
Financiación |
Sí |
Non |
Mobilidade de socios docentes e alumnos en asociacións escolares |
É posible |
Non |
Ámbito de traballo |
Engloban todas as iniciativas de educación, formación, xuventude e deporte |
Iniciativas de Educación |
Niveis educativos |
Abarcan todos os niveis: escolar, formación profesional, ensino superior e formación de persoas adultas así como outras institucións relacionadas co mundo educativo e laboral |
Abarca os niveis educativos non universitarios |
Número de socios dun proxecto ou asociación escolar |
Mínimo: tres socios de dous países diferentes. Dous socios no caso de asociacións só entre centros escolares e entre rexións.
|
Mínimo: dous socios fundadores de dous países diferentes. |
Solicitude de asociación/ proxecto |
Segundo a convocatoria anual publicada polo SEPIE Convocatoria 2015
|
Online. Desde o Escritorio persoal do docente, pestana PROXECTOS |
Data de solicitude |
Segundo a convocatoria anual publicada polo SEPIE Convocatoria 2015
|
Non hai data. Durante todo o ano |
Duración do proxecto |
2 ó 3 anos. (Pódese ampliar) |
Non hai límite, pero recoméndase, “non máis de 2 cursos” escolares. |
Quén solicita a participación |
Consultar institucións elexibles en cada sector en convocatoria 2015 |
Un docente |
Aprobación do proxecto ou asociación escolar |
O proxecto é ou non seleccionado e financiado segundo os criterios establecidos na convocatoria anual.
|
A aprobación do proxecto depende únicamente da comprobación e validación dos datos e de que os obxectivos e contidos teñan cabida na práctica docente.
|
Apoio, axuda e asesoramento ós docentes |
A través do correo electrónico Consultar correos de cada sector en web. Twitter: @sepiegob Portal nacional Sepie: www.sepie.es |
A través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Twitter: @eTwinning_es Portal nacional eTwinning www.etwinning.es Portal europeo eTwinning Facebook: eTwinning España A través das Tarxetas de proxecto
|
Avaliación e memoria |
|
*Un proxecto avalíase se o profesor solicita Selo de Calidade ou Premio. Se o docente solicita recoñecemento en créditos/horas de formación/innovación, o proxecto avalíano as autoridades educativas competentes da Comunidade Autónoma correspondente.
|
Recoñecemento |
Créditos de formación, establecidos en B.O.E. Feira de Valorización Premios |
Segundo cada Comunidade Autónoma Premios Nacionais Premios Europeos
|
Visibilidade |
Feira de Valorización Plataforma de difusión |
Galerías Portal nacional Portal europeo
|
Tal e como se recolle no documento oficial Erasmus+ guía do programa, eTwinning é a plataforma virtual recomendada para as asociacións escolares porque:
. Facilita e permite a busca de potenciais socios de proxecto ou asociación escolar antes da solicitude co obxectivo de mellorar a calidade e o impacto dos proxectos futuros. O Escritorio eTwinning ofrece a ferramenta "Buscador de Socios" e foros, un deles específico para a busca de socios para Erasmus+.
. Ofrece un espazo virtual único para cada proxecto con ferramentas de comunicación e colaboración.
Un proxecto eTwinning e unha asociación escolar Erasmus+ compleméntanse. As ferramentas de comunicación e o espazo de colaboración que ofrece eTwinning son excelentes instrumentos para planificar e debater todos os aspectos relativos a unha asociación escolar, levar a cabo actividades que utilicen un soporte tecnolóxico, compartir documentos e informacións relativas a cada país e ir amosando resultados, e incluso para continuar o contacto entre os socios unha vez que a asociación concluíse.
Fonte das imaxes: SNA eTwinning.
Últimas ponencias e cursos
- Guía red nacional embajadores eTwinning
- Lista de embaixadores eTwinning 2015-2016
- III Encuentro de Embajadores eTwinning
- Webmaraton.Celebra el 10º aniversario con nosotros
- eTwinning en Erasmus +
- Experiencia piloto: proyectos nacionales en eTwinning
- Mapa de embajadores eTwinning
- 10 consellos sinxelos para falar en público
- Conferencia anual en línea para Embajadores eTwinning Europa, Octubre 2014
- Embaixadores eTwinning, cerca de ti