Inicio / Formación / Embajadores / 10 consellos sinxelos para falar en público
.

10 consellos sinxelos para falar en público

12 
Dec 
2014  |  
 

 

public speaking2

Se vas impartir unha sesión de difusión, ou de formación sobre eTwinning, e tes que falar a un público numeroso, aquí van algúns consellos a ter en conta.

 

 

 

 

 

 

 

 

1.- Diríxete a todo o público. 

Cambia de sitio e incluso móvete entre os asistentes. 

 2.- Modula a voz e destaca os contidos máis relevantes para que a túa exposición esperte interese

Fai exercicios para preparar a voz antes de empezar. Emprega unha variedade de entonacións, evita a monotonía. Iso permitirache demostrar o teu entusiasmo

3.- Ensaia a ponencia varias veces introducindo cada vez algún detalle distinto, así chegarás a unha definitiva e que se adapte mellor a túa forma de expoñer.

4.- Fai a exposición primeiro cunha audiencia da túa confianza (compañeiros de traballo, amigos, familiares).

Observa as súas reaccións e así recordarás mellor o contido do teu discurso. Eles sinalaranche algúns detalles a mellorar.

5.- Evita focalizar o teu discurso nos números, nas cantidades.

Constrúe historias con eles, é o que lles quedará ós asistentes.

6.- Non te cingas ó estrito contido dunha presentación, ó que se ve.

Deixa que aparezan outras ideas que enriquezan o teu discurso. Arríscaste a que saian novos temas, a preguntas incómodas.

7.- Non queiras parecer perfecto.

Se cometes algún erro ou tes algunha dúbida, admíteo abertamente. Iso faite máis creíble.

8.- Amósate natural, actúa tal como es en circunstancias habituais. 

Consegue que os asistentes disfruten co que lles estás contando. Non queiras parecer moi serio, formal, altivo, nin forces unha excesiva familiaridade.

9.- Fala sen présa.

Tómate tempo para organizar as ideas clave e presentalas con frases convincentes; que os asistentes poidan dixerilas e que causen impacto.

10.- Non superes o tempo asignado para a exposición.

Se ocupas máis tempo do asignado, estaslle roubando tempo a outros ponentes que poidan vir despois ou ó descanso dos asistentes. Non uses máis dunha diapositiva por minuto e calcula sempre tempo para as preguntas. Se non hai preguntas, usa ese tempo para un resumo final.

Concédete un tempo para interactuar cos asistentes.

  

Fonte das imaxes: Servizo Nacional de Apoio eTwinning.  

 

 

 

 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Contacto Boletín mensual Lo más leído
TwitterFacebooke-mail Podes contactar con nós a través de Facebook, Twitter ou por correo electrónico

boletin_noticias_49x49

¿Desexas recibir información sobre campañas, cursos, proxectos? Subscríbete ó noso boletín mensual e recibirás no teu correo electrónico todas as novidades.

Servicio Nacional de Apoyo eTwinning | Proyectos de Colaboración Escolar en Europa
Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado | Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
C/ Torrelaguna 58. 1ª planta, despacho 141. 28027 - Madrid
Tel: 913778377 | Contactar