Documentos 5.d: Explora as secciones do TwinSpace

De eTwinning

(Redirixido desde "Documentos 5.d: Calendario")

Volver á Unidade 5

Cada TwinSpace ten unha estrutura fixa con 7 seccións principais que aparecen no menú superior da páxina – Home, Actividades do proxecto, Blogs, Sala de profesores, Recanto dos Alumnos, Chat e Guía. Aínda que se poden engadir ou quitar seccións, recomendamos non alterar estas sete que aparecen por defecto ata lograr un bo manexo de TwinSpace.



Índice

HOME

Cando o docente accede ó TwinSpace, a sección que se amosa por defecto é HOME. Nela encontramos 5 módulos:


1.- Caixa de correo: esta ferramenta permite a xestión das mensaxes de correo electrónico intercambiadas entre membros del TwinSpace (1 ou varios á vez).

2.- Latest actions/Últimas accións: esta ventá amosa as últimas accións que se levaron a cabo no TwinSpace, cun vínculo ó perfil do usuario que realizou a acción e outro á páxina onde se realizou esa acción, por exemplo unha nova entrada nun blog, ou a carga dun documento.

3.- Calendario: neste almanaque dixital pódense engadir as datas dos eventos importantes do proxecto que todos os participantes deben ter en conta. Cada país ten datas destacadas que non coinciden coas do país socio (festa local, vacacións…).

4.- Organizar ós membros: esta ventá ofrécenos a posibilidade de engadir ó TwinSpace a novos membros: alumnos, profesores e visitantes. Tamén nos permite cambiar o contrasinal dos alumnos (Documentación 6.b. Alta de usuarios).

5.- Membros: Desde esta ventá accédese ós perfís de todos os membros do TwinSpace.


Ver en pantalla completa 'TwinSpace - Secciones y Página de Inincio'


Emprego da caixa de correo

O correo que ofrece TwinSpace é de carácter interno, é dicir, só poderemos enviar e recibir mensaxes doutros participantes no noso TwinSpace. O módulo de correo é da seguinte forma:



1.- Mediante estas pestanas podemos acceder ás tres carpetas onde se almacenan as mensaxes: Recibidas, onde se inclúen mensaxes que nos mandaron outros participantes; Enviadas, onde se gardan as mensaxes que nós enviamos; e Borradores, onde podemos gardar mensaxes aínda non enviadas.

2 - Nesta zona aparecen as mensaxes de cada carpeta. Facendo clic sobre unha mensaxe poderemos ver o seu contido. O botón Accións permite ver, responder ou eliminar unha mensaxe.

3.- O botón Escribir un correo electrónico permite enviar unha mensaxe a outro participante do noso TwinSpace. Aparece unha ventá como a que se amosa a continuación.



Escribiremos o asunto e o corpo da mensaxe. A continuación, marcamos os participantes do TwinSpace ós que queremos enviar o correo (aínda que pode ser só un destinatario se así o desexamos). Finalmente eliximos Enviar para mandar a mensaxe ou Gardar borrador se non queremos mandalo pero sí retocalo posteriormente.


Ver en pantalla completa 'TwinSpace - Correo interno.'


Como se inserta un evento no calendario?

O calendario está recomendado para:

• Establecer datas e/ou horas de comunicación (sesións de chat, publicación no foro, blog…).
• Sinalar datas límite de entrega de actividades.
• Destacar datas significativas para o contido do proxecto (Día do Medioambiente, Día de Internet, Día das Linguas, Día da Paz, etc.).
• Lembrar datas asociadas a un proceso de traballo (medir a temperatura, buscar unha noticia nun xornal, escoitar unha canle de TV, comprar a prensa…).
• Datas de comezo e remate do proxecto.
• Outros

Para engadir un novo evento no calendario, facemos clic co rato sobre Engadir evento.


A continuación, complétanse cada un dos campos solicitados. Podemos observar que hai outra serie de posibilidades que, segundo as necesidades, pódense ir enchendo. Incluso, o sistema enviará un correo de aviso ás personas implicadas. Despois de encher o primeiro evento na axenda, para o día seguinte, pulsar sobre Gardar.


A anotación no calendario quedou grabada no TwinSpace e visible para todos os participantes.


Podemos observar que existen diferentes opcións. Se a anotación non é para hoxe (día) senón para mañá, e queremos ver cándo se organiza o evento e en qué consiste pulsaremos sobre a palabra Semana; no caso de que non fora nin tan sequera desta semana, pulsaríamos Mes ou Ano, dependendo das necesidades. A continuación abrirase un calendario con todos os eventos insertados. Para obter máis detalles sobre cada anotación/evento, simplemente hai que pulsar onde aparece destacado.


Ver en pantalla completa 'TwinSpace - Calendario.'

ACTIVIDADES DE PROXECTO

Á dereita da pestana HOME verás a sección ACTIVIDADES DO PROXECTO. Aquí é onde vas desenvolver o teu proxecto; poderás crear novas páxinas de actividades e administralas; e unha vez creadas, poderás publicar, ocultar ou eliminar as xa existentes.



Dous recordatorios:

• as Páxinas de Actividades non se poden cambiar de orde.
• “Actividades do proxecto” é a única sección do TwinSpace que, xunto coa Portada podes facer pública, é dicir, que calquera que entre en Internet pode ver o contido.

Os coordinadores, xunto cos alumnos, definen a estrutura do proxecto e polo tanto, das actividades a realizar; todos os membros ten que estar dacordo sobre cal vai ser a estrutura do proxecto, e en consecuencia do TwinSpace; senón, a sección de Páxina de Actividades non será máis que un montón de páxinas inconexas, sen relación algunha coa planificación xeral.

As “Actividades de proxecto” serán diferentes en cada TwinSpace, porque reflectirán os obxectivos pedagóxicos e a estrutura de cada proxecto individualmente.

Para desenvolver esta sección, imos traballar cun suposto sinxelo e moi básico.

Supoñamos que se trata dun proxecto con dous socios dos países país_1 e país_2. Os coordinadores deseñaron tarefas para distribuír ós alumnos en grupos que teñan estudantes das dúas nacionalidades. Ademais, os alumnos teñen unha idade que lles permite ser autónomos para acceder por sí mesmos ó Twinspace e que están dados de alta no TwinSpace (Ver unidade 6). Imos supoñer tamén que o traballo se almacenará no Twinspace segundo a seguinte orde:


Páxinas de Actividades
1.- Presentación
2.- Plan de traballo
3.- Busca de información
4.- Análise da información
5.- Resultados e conclusións
6.- Avaliación








Cómo crear unha páxina de actividades

Primeiro, creamos unha páxina de actividades e posteriormente, insertamos nela algunhas das ferramentas de colaboración e/ou de comunicación que ofrece o TwinSpace. O proceso a seguir é sinxelo: imos ó módulo Actividades e pulsamos en Xestionar as ferramentas.



Aparece unha mensaxe informativa sobre os permisos de visualización que terá a actividade que se vai crear. Facemos clic en Incorpora unha ferramenta... para continuar.



A continuación aparécenos un formulario para a creación da actividade, onde se poden distinguir tres partes:



1.- Nesta zona incluímos o título que vai ter a actividade. Neste exemplo, imos crear unha páxina como Páxina de Proba.
2.- A continuación hai que seleccionar qué módulos ou aplicacións queremos incluír na actividade de entre os seis posibles: Blog, biblioteca, foro, galería de imaxes, wiki ou contido web. Non nos debe preocupar se imos necesitar despois outros módulos ou quitar algún dos elixidos, xa que en calquera momento se poden volver cambiar. Posteriormente explicarase cómo funcionan cada un dos módulos.
3.- Unha vez introducidos o título e algún dos módulos, picamos en "Engadir". Deste xeito tan simple construímos pouco a pouco o noso TwinSpace.

No momento de crear a actividade aparece unha pantalla coma ésta:



Mediante o botón 'Publicar' podemos facer pública a actividade, é dicir, que poida ser vista por usuarios non rexistrados no noso TwinSpace. En caso de non publicala, será só accesible para aqueles usuarios rexistrados en TwinSpace. É función do profesor-administrador publicar ou ocultar a páxina. Un alumno non pode publicar (é dicir, permitir que a páxina sexa vista por calquera). (Ver unidade 6).

Neste momento, se facemos clic sobre a pestana 'Actividades do proxecto' xa podemos comprobar que creamos a 'Páxina de proba' satisfactoriamente.



O aspecto inicial dunha páxina recién insertada pode parecer un pouco desalentador, só os módulos insertados. Porén é agora cando entran en acción os administradores (alumnos ou profesores), facendo uso dos distintos espazos onde os participantes poidan traballar de forma activa e dinámica. No noso exemplo, o aspecto da actividade que creamos, é o seguinte:



Repetindo o proceso de creación de actividades, a apariencia do TwinSpace do noso proxecto será ésta.



Antes de poñerse a traballar, é importante que os alumnos se familiaricen coa estrutura do TwinSpace e que éste lles xere curiosidade e interese e lles motive a traballar no proxecto.


Cómo xestionar as ferramentas ou módulos nunha páxina de actividades

Encher de contido as diferentes páginas de actividades require do uso das ferramentas de que dispón o TwinSpace (blog, foro, wiki, biblioteca de documentos, Galería de imaxes, xestor de contido web), dependendo da tarefa que se queira facer.

Cando se crea a actividade xa indicamos con qué módulos queremos que conte. Porén, é normal que necesitamos engadir novos módulos ou quitar algún dos existentes.

Neste apartado imos insertar distintos módulos ou ferramentas e traballaremos sobre as súas posibilidades básicas; posteriormente será cuestión de descubrir o resto, aínda que se trata de algo moi intuitivo e conceptos ós que xa estamos acostumados hoxe en día coas distintas ferramentas informáticas.

Para engadir unha ferramenta, unha vez situados na página desexada, pulsamos no menú despregable da parte superior dereita e veremos as distintas opcións. Neste caso seleccionaremos Engadir ferramenta. Igualmente pódese facer mediante o botón Engadir ferramenta que aparece na parte superior dereita da actividade.



A continuación abrirase unha ventá na parte da esquerda con dúas alternativas: Colaboración e Xestión de contidos. Para saber qué hai dentro de cada unha, simplemente facemos clic sobre o titular e obteremos o seguinte resultado:



Aparecen: blogs, wikis, foros, bibliotecas, galerías e visores de contidos web. Toda unha serie de posibilidades para insertar en cada unha das páxinas que vaiamos creando no noso TwinSpace; o único que hai que facer é arrastrar a ferramenta desde a ventá ata a páxina onde a queremos poñer. Picar co rato na opción elixida, por exemplo un blog, e despois arrastrala ata a nosa páxina; neste caso era: Páxina de proba. O único que haberá que ter claro é o deseño da páxina, para que non quede sobrecargada. Posteriormente, cada un dos participantes completaraa do xeito que se decidise. Nós, para seguir co noso exemplo, insertaremos algunhas destas opcións fundamentais co fin de ver cómo queda a páxina. A práctica e o tempo farannos descubrir multitude de funcións e posibilidades de cada unha das ferramentas.

Algúns consellos finais á hora de preparar unha actividade:

• Planificar qué ferramentas van ser incluídas en cada actividade. Non se debe improvisar, senón ver cómo queremos traballar e deducir qué ferramentas son as máis indicadas para realizar ese traballo.
• Non saturar a actividade. Non por incluír máis ferramentas a actividade vai mellorar, xa que podería ocorrer o contrario. Convén ser concreto e non engadir ferramentas inservibles.
• Indicar ó alumnado de maneira clara qué ten que facer con cada ferramenta. Convén adicar tempo a que entendan cómo se manexan os elementos que insertemos nunha actividade; unha vez que o comprenda será máis doado traballar.


Ver en pantalla completa 'TwinSpace - Actividades.'

Iniciamos o traballo nun proxecto

Comezamos a traballar no proxecto seguindo as etapas do deseño que aparece ó comezo do documento 5.d.2., segundo a orde establecida na páxina de actividades.

Recorda que é un suposto; os coordinadores son os que deciden o número de páxinas de actividades, o nome das mesmas, o contido, as ferramentas que se van usar, etc.


Páxinas de Actividades
1.- Presentación
2.- Plans de traballo
3.- Busca de información
4.- Análise da información
5.- Resultados e conclusións
6.- Avaliación








Presentación

É importante que no deseño das actividades, pensemos na forma na que os alumnos van interactuar, tanto nas tarefas propias do proxecto como na súa relación persoal; esta fase do proxecto dedícase á socialización online, con tarefas que fomenten a interacción sólida entre os alumnos socios, que contribuirá positivamente á implicación dos mesmos no proxecto. Na carpeta Presentación, imos insertar a ferramenta Biblioteca de documentos e nela os alumnos van colgar un ficheiro cunha breve descrición de cada un deles. Insertamos asimesmo unha Galería de imaxes e nela van colgar unha foto que lles identifique. Os compañeiros do centro asociado teñen que facer coincidir a foto co perfil. Como os estudantes tenrán dúbidas para emparellar as fotografías coa descrición correspondente, imos abrir un foro no que poidan facer preguntas ós seus homólogos e lles aclaren as dúbidas.

Con estes elementos o alumnado xa pode iniciar as tarefas. Terían que traer unha fotografía escaneada e ter preparada unha descrición deles mesmos. Ó realizar esta actividade convén asignar un número a cada estudante para que o título que se lle poña a cada fotografía sexa únicamente da forma Fotografía 1, Fotografía 2, etc. A continuación proporcionaríase a clave de acceso ó TwinSpace a cada un deles (ver Unidade 6), explicaríase cómo engadir un ficheiro á biblioteca de documentos, cómo subir imaxes á galería de imaxes e cómo deben ser as intervencións no foro. Nós desenvolvémolo aquí paso a paso:



Cómo subir arquivos a unha biblioteca de documentos

- Imos crear a actividade presentación, engadíndolle aBiblioteca de documentos.




.- Agora picamos sobre a actividade 'Presentación' para que se nos abra. Veremos creada a Biblioteca de documentos na páxina na que queremos traballar,




Facemos clic co rato en Engadir carpeta. O sistema amosaranos esta imaxe:




.- Poñemos un nome á carpeta e á descrición do contido da mesma, e despois de picar en Gardar, aparece unha mensaxe cor verde e o novo aspecto da páxina de actividades é:



A mensaxe indícanos que o proceso vai ben. Á dereita do nome da carpeta, amósase o número de subcarpetas e documentos que se incluíron; neste caso, 0.


-Para subir un arquivo á carpeta Perfís dos alumnos do país_1, facemos clic sobre dita carpeta e aparece esta ventá:



- Pulsamos en Engadir documento. Antes de executar esta operación, o sistema alértanos con esta mensaxe sobre os dereitos de autor dos materiais que imos subir ó TwinSpace. Presta especial atención a esta advertencia. Non cargues recursos (imaxes, música,…) se descoñeces os seus dereitos de autor.



Supoñamos que podemos aceptar,



Buscamos o documento que imos subir; neste caso, o documento de WORD Perfil_alumno_1.
- Unha vez que picaches na parte inferior dereitaAbrir, sairá



- A mensaxe 1 indícanos que o arquivo aínda non se subiu. O texto 2. indícanos o arquivo que se vai subir. Finalmente facemos en Subir arquivos (3) e o sistema confirmaranos se o arquivo se subiu ou non.



- Pica no enlace azul clariño Perfís dos alumnos do país_1 que está marcado cunha frecha e verás xa o documento dentro da carpeta.



, veremos que a páxina de actividades Presentación ten agora este aspecto:




Cómo engadir imaxes a unha Galería de Imaxes


.- Na carpeta Presentación, creamos a Galería de imaxesonde o alumnado poderá ir subindo as súas fotografías (imaxes en xeral). Para isto, imos de novo á ventá Engadir ferramenta e dentro da sección Xestión de contidos, seleccionamos Galería de imaxes.



.- Insertamos a galería de imaxes debaixo do visor (debaixo da biblioteca de documentos) que creamos anteriormente, obtendo unha nova ventá:




Xa temos a galería para incluír as fotos; o seguinte paso é crear dúas carpetas: unha para fotografías do alumnado do país_1 e outra para fotografías de estudantes do país_2.


.- Para engadir unha nova carpeta dentro da galería, faremos clic no botón Engadir carpeta.




Aparece unha ventá onde poremos un título e unha descrición da carpeta que estamos creando. Unha vez introducida a información, facemos clic no botón Gardar.


.- Xunto á carpeta creada aparece agora o botón Accións que permite editala (cambiar o título e a descrición), eliminala ou xestionar permisos.




.- Repetimos o proceso e creamos unha carpeta dentro da galería para que o alumnado do país_2 poida engadir as súas fotografías.

O aspecto que terá finalmente a nosa galería de imaxes é o da seguinte ilustración.




.-Subimos as fotos á galería seguindo o mesmo procedemento que explicamos na Biblioteca de documentos.





Unha vez subida a imaxe, o aspecto do interior da carpeta é:




Facemos o mesmo cos alumnos do país_2; subimos as súas fotos.

Agora, o aspecto da páxina de actividades Presentación é éste





Unha vez que xa estean dispoñibles as descricións e as fotografías dos alumnos, a estes súrxenlle dúbidas cos emparellamentos e necesitan preguntar ós seus compañeiros algunhas cousas.

Todas estas preguntas se van facer a través da FerramentaForo.


Ver en pantalla completa 'TwinSpace - Biblioteca de Documentos y Galería de Imágenes.'

Cómo crear e participar no Foro

O foro é unha ferramenta de comunicación que existe no TwinSpace; un lugar onde establecer liñas de debate y de comentarios, no que os participantes poden expresar as súas opinións sobre algún tema que abrise e continuar esa liña para a súa profundización. O uso á bastante sinxelo e intuitivo. Previo ó uso xeral, o administrador do espazo deberá abrir un tema de opinión.

Lembra que seguimos na carpeta Presentación, que xa tiñamos creada unha Biblioteca de documentos e unha Galería de imaxes, tal e como ves na instantánea inferior e agora engadimos nesta mesma carpeta unha ferramenta de colaboración, o Foro. Poñémolo no visor debaixo da Galería de imaxes.






- Para iniciar a participación no foro pulsaremos sobre a casilla Engadir categoría.




.- Escribiremos o nome do tema que queremos iniciar e un texto de descrición. Vemos que tamén é posible activar listas de correo para enviar mensaxes internas, aínda que iso verase posteriormente na configuración avanzada doutras posibilidades. Tamén é posible que algunha destas alternativas se encontren inactivas ou non sexa posible a súa utilización no espazo de traballo. Unha vez completados os campos pulsaremos sobre Gardar, como vén sendo habitual.




Volvendo á páxina Presentación, podemos ver o aspecto do foro.



A intuición e a experiencia dinos cómo podemos insertar un texto no foro.


.- Seleccionamos a carpeta desexada para insertar algún comentario, seguidamente facemos clic co rato sobre A nova liña de debate.




O resto xa parece sinxelo: unha liña para insertar un tema determinado, un espazo para colocar a nosa intervención, unha casilla que podemos activar se o que realizamos é unha pregunta e obter as posibles respostas e por último, como sempre ó rematar e se estamos dacordo, pulsamos sobre a tecla Gardar.




Por último, podemos ver cál é o aspecto da mensaxe unha vez que o temos insertado no foro. Observamos distintos detalles que van desde crear outro fío de discusión, responder a mensaxe, responder citando, organización das mensaxes e as respostas, e incluso na parte esquerda os datos persoais da persoa que fixo as intervencións e outros datos como data, as mensaxes máis recentes, etc.




Ver en pantalla completa 'TwinSpace - Foro.'

É moi importante manter unha comunicación regular e fluída entre os socios, de aí que é necesario e recomendable responder ás mensaxes do foro. Os socios apreciarán o xesto e enriquecerá os contidos do proxecto.



O proxecto continúa no tempo e pasamos á seguinte etapa. É o plan de traballo. Nesta carpeta pódense incluír ademais dos documentos coas tarefas propostas para que os alumnos traballen, outros documentos: de organización, acordos, temporalización, currículo, etc.

Volvemos ó suposto. Tendo en conta as descricións dos alumnos, as fotografías e as intervencións dos alumnos no foro, os alumnos xa están identificados e os profesores coordinadores formaron grupos mixtos de traballo, cada un con alumnos dos dous centros participantes.

Aloxamos no Twinspace o arquivo coa distribución dos alumnos.

Seguimos coa seguinte fase, Busca de información. Coa tarefa proposta polos coordinadores, imos utilizar a ferramenta visor de contido web para aloxar enlaces, vídeos, etc. aportados polos grupos de alumnos.



Cómo engadir e utilizar a ferramenta Visualización do contido web

Con esta ferramenta podemos crear pequenos apuntes con aspecto de páxina web no noso espazo de traballo. A diferenza doutras ferramentas insertadas poderemos colocar nunha páxina tantos módulos de contidos web como creamos conveniente.

Imos crear a actividade Busca de información. Repetimos o proceso xa explicado de creación de actividades, insertando nesta ocasión unha erramenta de Visualización do contido web.




O aspecto que terá a nosa actividade unha vez que nos metamos nela é o seguinte:



As iconas que nos permiten modificar o contido do visor son o que se sinalan no gráfico:

1. Mediante esta icona pódese modificar o título da ventá do visor de contidos.

2.-Mediante esta icona pódese crear un novo contido para o visor.

Continuando co noso suposto, os estudantes do GRUPO_A van por un título para o elemento, chámanlle Información_GRUPO_A (aquí irá a información que recabaron).

.- Facemos clic na icona1 e aparece esta ventá pequeniña para poñer o título





A continuación imos introducir os contidos. Para isto facemos clic na icona 2. Ábrese un editor de texto, onde podemos engadir imaxes, vídeos, enlaces, etc. e cambiar formato e tamaño de letra, cores, fondos, vínculos...Como podemos observar, temos unha barra de ferramentas similar á dun procesador de textos que nos permitirá dar formato ó noso contido web.





Cómo introducir un vídeo?
En primeiro lugar faremos clic no botón da barra de formato que nos permite ver o código HTML do contido do visor.




Escribimos un texto introdutorio e seguidamente, buscamos o vídeo que queremos incrustar e el código “embed”/incrustado da páxina web na que está o vídeo. Neste caso é o que aparece no recadro .



Cada web é un pouco distinta, pero onde vexas a palabra "embed" o "share a code" - compartir un código - é que non está moi lonxe.

Copiamos este código co botón dereito do rato, volvemos ó TwinSpace, facemos clic en Fonte HTML e pegamos o código no recadro.



Fai clic en Fonte HTML outra vez e logo enGardar. Este é o aspecto que ten o visor de contidos que creamos.



Agora, o enlace Editar contido web na parte inferior permítenos modificar o contido do visor se fose preciso.


Ver en pantalla completa 'Visor de contenido Web'

Cómo crear un blog e contribuír a él. Usos didácticos

Na seguinte fase do proxecto (lembra que é só un suposto), imos crear un blog na páxina de actividades Análise da información, no que se discuta, se debata, se analice a información recollida polos estudantes, se aporten melloras ós contidos...

Algúns usos didácticos do Blog:

• Estimular ós alumnos a escribir, intercambiar ideas e traballar en colaboración.
• Manter informados ós membros dun proxecto/grupo.
• Publicar materiais de maneira inmediata e acceder a información e/ou a recursos necesarios para realizar proxectos/actividades.
• Mellorar os contidos académicos, enriquecéndoos con elementos multimedia como: vídeos, sons, imaxes, animacións ou outros.

-Para crear o blog, seleccionamos a páxina Análise da información e engadimos a ferramenta de colaboración Blogs.



.-A continuación, creamos e publicamos unha entrada no blog.



.- Primero, hai que picar co rato sobre "Engadir entrada ó blog".

A pantalla que a continuación nos presenta o sistema é sinxela de comprender, coas funcións básicas para traballar con textos; unha pantalla que xa nos resulta familiar.



.-Introducimos un título, o contido da entrada/post e facemos clic en Publicar.

Despois de publicado, pódese ver o resultado da nosa entrada, co formato que insertamos, os enlaces e outras características. Ademais témola aberta para que os participantes poidan opinar en todo momento e aportar as súas ideas. Podemos observar que aparece o nome da persona que fixo a publicación.



Se agora quixeramos engadir comentarios a esta entrada/post, facemos clic na palabra azul Comentarios.





Ver en pantalla completa 'Ferramenta Blog'


Cómo crear unha wiki e contribuír a ela. Usos didácticos

Pasamos á seguinte etapa do proxecto e na seguinte páxina de actividades, Conclusións e resultados, imos utilizar unha wiki para presentar os resultados.

Algúns usos didácticos da wiki

• Crear/Desenvolver os contidos dun tema ou materia entre un grupo de estudantes.
• Fomentar o espíritu crítico e construtivo.
• Apoiar un proxecto en colaboración/grupo.
• Publicar os resultados dun proxecto.
• Promover a comunicación entre estudantes dun mesmo grupo.


-Para crear a wiki, seleccionamos a páxina Conclusións e Resultados e engadimos a ferramenta de colaboración Wiki.



O proceso para insertar unha entrada na wiki é o siguiente: O primeiro foi editar a entrada pulsando sobre o enlace correspondente.




Posteriormente sairá a pantalla para insertar o texto.




Antes de empezar a escribir, fíxate ben no cadro resaltado en cor vermella, Formato; aínda que aparece Creole en primeiro lugar, selecciona o formato HTML, é máis doado.




Se picas en Vista previa verás cómo quedou o artigo. Unha vez conforme co aspecto, gárdao e continúa o traballo. Observación: de momento, non prestes atención ó recadro inferior verde.

Para modificar o texto dunha páxina da wiki, chega con facer click na icona modificar, tal e como ves na imaxe:




Retomando a wiki, e no caso do grupo de estudantes, fixeron unha entrada cun texto, un vídeo e enlaces a materiais.



Coma no caso do blog, se agora quixeramos engadir comentarios a esta entrada, facemos clic na palabra azul Engadir comentario.

<

Ver en pantalla completa 'Ferramenta Wiki'


E así, chegamos á fase final do proxecto,a avaliación.

Ningunha administración educativa vai solicitar, por defecto, unha avaliación dun proxecto eTwinning (excepto en casos que se comentaron xa en unidades anteriores; Selo de Calidade, Premios, outros…); porén, parece necesario e conveniente facela porque neste proceso recóllese información de diversa índole para tomar decisións educativas axeitadas que melloran os procesos de ensino-aprendizaxe, e que tamén serven para constatar ou certificar o logro de determinadas aprendizaxes ó final dun periodo.

Ademais, non sempre temos claro a priori qué tipo de actividade ou ferramenta vai funcionar na aula; de aí que resulte tan interesante a avaliación que os alumnos fan do seu propio traballo e das actividades en sí.

Nota: Neste suposto de proxecto traballamos no TwinSpace pero, tamén podes utilizar outras ferramentas externas e outros espazos para almacenar materiais e recursos. Non esquezas a importancia de traballar en espazos privados e seguros para os alumnos.

Páxinas públicas e privadas no TwinSpace

Unha das características fundamentais da plataforma de traballo eTwinning é a privacidade e flexibilidade que ofrece ós docentes á hora de traballar en Internet con alumnos. Cando se traballa con menores nunha "aula online" formúlanse moitas dúbidas. En xeral quereremos facer públicos os contidos pero non os datos persoais dos alumnos nin quizais as súas fotos aínda que se desexen intercambiar cos socios do otro centro. Así mesmo, os docentes elaborarán documentos de traballo ou avaliacións que non teñen porqué estar dispoñibles para os alumnos aínda traballando no mesmo proxecto.

O contido do Twinspace pode facerse público na súa totalidade ou parcialmente, segundo a vontade dos responsables. Estes deben acordar cales son as páxinas de actividades que van publicar e cales van quedar ocultas.

Para publicar unha páxina de actividades completa, faremos clic na pestana Actividades do proxecto, de tal forma que poidamos Publicar/Ocultar cada actividade (páxina do TwinSpace) do proxecto. Por exemplo, poderíamos ter unha páxina privada (oculta) chamada Presentación na que os alumnos dos centros asociados compartan de xeito seguro as fotos, vídeos ou descricións que lles leve a coñecerse mellor ó comezo do proxecto.



Fai clic en Administrar páxinas e aparecerá esta ventá



Se se ve a palabra Publicar, é que está oculta.
Se estivera xa oculta e se quixese facer pública, chega con facer clic en Publicar.


Volver á Unidade 5





Ferramentas persoais
Contacto