Documentos 4.c: Xestión de proxectos

De eTwinning

Volver á Unidade 4


Índice

Cómo anexar un novo socio ao proxecto

Podes engadir ó teu proxecto tantos socios como queiras. Non obstante, debes ter en conta sempre cómo se organizará o traballo para que todos participen. É conveniente que desde a planificación inicial do proxecto se prevexa o número aproximado de socios que van participar e que, se é posible, todos participen no deseño previo. En todo caso, antes de engadir a un novo socio debes consultalo cos que xa están no proxecto e contar coa súa aprobación.


1.- Accede ó teu Escritorio co teu nome de usuario e contrasinal.

Desde o Servizo Nacional de Apoio



Desde o Servizo Central de Apoio

                                     


2.- Observa a parte rodeada en verde, onde di  Proyectos ; fai clic aí




3.- Aparecerá unha páxina co listado de todos os proxectos:



4.-Ó carón do título do teu proxecto aparecerán todas esas opcións. Entre elas, engadir socios novos. fai click  no segundo renglón. Sairá un listado cos contactos que tes seleccionados para engadir algún deles ó teu proxecto. Á dereita da páxina está a columna co un cadradiño branco; fas clic aí e non te esquezas de presionar abaixo de todo onde di ENGADIR SOCIOS. Se queres engadir varios socios, márcaos todos e pulsa sobre ENGADIR SOCIOS despois.


5.- A seguinte páxina que che aparecerá será ésta. No renglón de arriba advírteche que lle pediches ó teu contacto formar parte do teu proxecto. Se el/ela acepta, incorporarase ó proxecto, senón, non.
        

6.- O profesor ó que lanzaches a proposta vai recibir unha mensaxe como esta, na que pode aceptala ou rexeitala.




También tendrá la petición en la pestaña Proyectos, estado Pendiente.



En cualquiera de los dos sitios puedes acepta o rechazar la invitación.

Socios nun proxecto: cómo xestionar os permisos

Pode haber tres tipos de socios nun mesmo proxecto, cada un con permisos diferentes; fundador, administrador e membro. Vexamos a continuación qué diferenzas hai entre eles.

Socio fundador

Os fundadores son os dous socios que inscribiron o proxecto na plataforma eTwinning. Son necesariamente de nacionalidades distintas e quedan permanentemente vinculados ó proxecto. É dicir, nunca poden ser borrados nin borrarse eles mesmos da lista de participantes. É o perfil de socio con máis posibilidades de actuar sobre un proxecto en marcha, e poden facer o seguinte:

1. Modificar o proxecto: Vexase o apartado 3 deste documento.

2. Engadir socios novos: Para engadir un socio novo, debe picarse sobre o enlace correspondente. Abrirase a lista de contactos dispoñibles para poder seleccionar todos os socios ós que queira invitarse. Ó rematar, púlsase sobre o botón "ENGADIR SOCIOS". Todos os marcados recibirán unha notificación no seu escritorio que deberán aceptar ou rexeitar.

3. Xestionar os socios: Ó pincar aquí, ábrese unha lista con todos os socios do proxecto. Unha pestana despregable permite outorgarlles o rol de "membro" (é o que aparece por defecto) ou o de "administrador". Se se pica sobre a cruz na columna da dereita, elimínase o socio dese proxecto. Recorda que ós socios fundadores non se lles pode cambiar o rol nin borralos dun proxecto.



4. Pechar ou reabrir un proxecto: Véxase o apartado 5 deste documento.

5. Acceso ó Diario de Proyecto: Véxase Unidade 6

6.- Xestionar o Diario de Proyecto: Véxanse Unidade 6

7. Acceso ó TwinSpace: Véxanse as Unidades 5 e 6.

8. Solicitar un Selo de Calidade: Véxase o apartado 4 deste documento.


IMPORTANTE: Xa que un socio fundador non pode ser borrado dun proxecto, en caso de que un decida abandonalo, os demais socios terán que elixir entre dúas opcións: seguir sen ese fundador, aínda que o seu nome seguirá aparecendo, ou iniciar un novo proxecto, para o que poden manter o mesmo nome. Se se opta pola segunda opción, os participantes poden seguir traballando provisionalmente no proxecto antigo ata que o novo sexa aprobado.


Socio administrador

Os socios administradores teñen permisos similares ós fundadores, pero si poden borrarse ou ser borrados dun proxecto. Como vemos na imaxe seguinte, tampouco poden xestionar os permisos doutros socios; é dicir, non poden cambiar os roles de administrador ou membro, nin borrar a un participante, aínda que si poden invitar a novos socios.



Socio membro

O rol de membro é o que o sistema dá por defecto a un novo socio. Como vemos, non poden modificar o proxecto, cerralo, ou engadir ou xestionar socios. Tampouco poden xestionar o Blog de Progreso (Twinblog), aínda que si poden publicar nel (estudaremos o Blog de Progreso, Twinblog, en unidades posteriores). Mantense o permiso para solicitar un Selo de Calidade e o acceso ó TwinSpace.



O rol de socio-membro pode ser axeitado para profesores que vaian facer contribucións puntuais en determinados aspectos do proxecto, ou que, por calquera razón, non desexen ter un estatus superior. Porén, nun proxecto de colaboración, a confianza entre os socios é fundamental e é conveniente que a xestión do proxecto sexa compartida por todos, polo que, en circunstancias normais, os roles de fundador e administrador deberían ser os máis frecuentes.

Cómo modificar un proxecto en marcha

Os socios fundadores e administradores poden editar e cambiar calquera aspecto do proxecto en marcha, tanto a información inicial que se deu ó rexistralo, como engadir ou eliminar imaxes. Para realizar estas modificacións, debe picarse sobre "Modificar" na sección "Proyectos" do escritorio, coidando de facelo sobre o proxecto concreto que queiramos cambiar.



Unha vez alí, podemos elexir entre modificar o formulario de rexistro ou a galería fotográfica:




Se imos cambiar o formulario, aparecerá toda a información inicial que introducimos.Revisámola, cambiamos o que nos pareza oportuno e picamos sobre o botón Image:Img11 doc 4c.png, ó final do formulario. Se os cambios se gardaron correctamente, veremos a seguinte mensaxe ó principio do formulario:


                      


Se decidimos editar a galería de imaxes, estas aparecerán en forma de galería e teremos tres opcións para cada unha delas: activar (ou desactivar) unha imaxe como imaxe por defecto; modificala ou borrala. Ademais, poderemos subir novas imaxes á galería.



Se decidimos modificala, o que poderemos cambiar é o seu estatus de privacidade (para todos ou só para usuarios rexistrados en eTwinning), o título ou a descrición. Se imos subir unha nova imaxe, pulsamos sobre o botón correspondente e ábrese un cadro de diálogo similar ó que vimos cando rexistramos o proxecto.

                                                 

Pica sobre o botón TELECARGAR


                                                
  e 

Cómo solicitar un Selo de Calidade

Volvendo ó documento 1.a da Unidade 1, o Selo de Calidade é un recoñecemento que se outorga ós proxectos que alcanzan un determinado nivel de calidade.

Algúns aspectos fundamentais que debes ter en conta á hora de solicitar un Selo de Calidade:

.-Non é tanto a idea do proxecto o que se avalía como o seu desenvolvemento e resultados finais. É dicir, é conveniente solicitar o Selo cando o proxecto estea acabado ou nas súas últimas fases.

.-O formulario de solicitude debe ser unha guía para que os avaliadores entendan o proxecto e poidan acceder ós seus resultados.

.-Se o profesor fai unha avaliación do proxecto, por exemplo, en lugar de intentar condensala no recadro correspondente, é preferible elaborar un documento de avaliación e adxuntalo á solicitude ou subilo ó TwinSpace e explicar no formulario ónde pode atoparse.

.-Se hai documentos de acceso restrinxido que son importantes para que o proxecto sexa valorado correctamente, podes enviar ó SNA unhas claves de acceso que lles permita ver ditos documentos.

Os criterios de avaliación que aparecen no teu escritorio son comúns para todos os países participantes en eTwinning, aínda que pode haber lixeiras variacións nacionais en canto á súa aplicación. Para ver os criterios exactos que se aplican en España, ver o seguinte documento: Criterios Selo de Calidade.pdf. Cando o solicites, o teu proxecto será avaliado polo SNA e os representantes eTwinning na túa Comunidade Autónoma. A decisión aparecerá no teu escritorio e recibirás un correo coas conclusións da avaliación e -se é o caso- con algunhas propostas de mellora. En caso de que che sexa denegado, lembra que podes volver a solicitar o Selo tantas veces como queiras para un mesmo proxecto.

A continuación, vexamos o proceso que debe seguirse.

Entramos na plataforma eTwinning (www.etwinning.es  o  www.etwinning.net) co noso usuario e contrasinal.

Seleccionamos a pestana  Proyectos e picamos en Solicitar o selo de calidade.


Aparece un formulario en 3 pasos que temos que encher destacando os diferentes aspectos do noso proxecto:


No paso 2 temos que describir o noso proxecto:



Ó facer clic
aparéceche o formulario completo:

          


Agora pica en Enviar e a túa solicitude de Selo de Calidade será procesada ou en Modificar se queres cambiar algún dato.

Cómo cerrar e reabrir un proxecto

1.- Accede ó teu Escritorio co teu nome de usuario e o teu contrasinal e pica en  Proyectos.



2.- Aparecerache unha páxina co listado de todos os proxectos:



3.- Observa que na columna da dereita Accións hai diferentes opcións para elixir. Pica en Cerrar o proxecto.




Sairá a seguinte mensaxe:




4.- Xa cerrou o proxecto. Agora, a lista de accións posibles é a seguinte:



Aínda que o proxecto estea pechado, todo o material do TwinSpace que foi feito público seguirá sendo accesible, aínda que non poderá modificarse. Para volvelo a abrir, non tes máis que picar sobre a orde correspondente.

Tarxetas de proxecto: fala co teu Servizo Nacional de Apoio


As tarxetas de proxecto son unha ferramenta de comunicación directa co Servizo Nacional de Apoio. Cando un profesor escribe a primeira mensaxe, o proxecto queda asignado a un membro do SNA que, a partir dese momento, se encargará de seguir e contestar as entradas seguintes.




A través desas tarxetas, cuxa xestión é moi parecida ó Diario do Escritorio do profesor, éste puede levar un rexistro dos momentos claves no desenvolvemento do proxecto e, principalmente, solicitar asesoramento sobre o traballo que está desenvolvendo, tanto técnico coma pedagóxico. O SNA intentará resolver todas as dúbidas formuladas.



O sistema de tarxetas de proxecto é unha canle de comunicación privada. Só o profesor-autor e o seu SNA teñen acceso ó sistema. Se queres saber cómo funcionan, podes consultar e/ou descargar este titorial.


 A documentación deste apartado queda resumida nas seguintes animacións:

 

Ver en pantalla completa

Ver en pantalla completa



Volver á Unidade 4
Ferramentas persoais
Contacto