Documentos 4.a: Documentos útiles

De eTwinning

Volver á Unidade 4


Aquí tes algúns documentos que poden resultar de utilidade para o deseño, desenvolvemento e avaliación dun proxecto eTwinning. Non son, nin moito menos, obrigatorios, pero sí unha boa axuda para reflexionar sobre o proxecto e os seus resultados. Ten en conta que o documento 04 Proxecto de traballo se tes que usalo para enviarllo ao titor antes de rexistrar o proxecto. O último documento é un arquivo comprimido con todos os formularios.


1. Informe de estado: Se ti, os teus compañeiros e os teus alumnos tedes que interactuar, compartir e comunicarvos cos socios dun proxecto virtual, é conveniente que previamente se faga unha analise da situación de partida e se tomen medidas naqueles aspectos que poidan repercutir no éxito dun proxecto eTwinning ¿Que aspectos do seu centro poden ser unha dificultade para planear e levar a cabo un proxecto eTwinning? ¿Por que os ves como dificultades e cómo as superarías?

01 Informe de estado.doc


2. Proposta de proxecto: Deberás ter moi claras algunhas ideas para poder transmitir a un posible socio qué é o que se quere facer. A proposta debe ser o bastante flexible como para adaptala ás características e ideas do centro co que nos imos irmandar. Éste é un documento previo á planificación máis detallada do proxecto.

02 Proposta de proxecto.doc


3. Coñecemento mutuo: Poden evitarse moitas equivocacións e confusións se os compañeiros nun proxecto de colaboración adican algún tempo a coñecerse mutuamente. Así, ademais de tomar decisións sobre os obxectivos, problemas e actividades cos compañeiros, é importante que se teña un pouco de información sobre a situación dos seus socios de traballo. Le os seguintes epígrafes e agrega outros que poidas considerar importantes para intercambiar cun futuro compañero.

03 Coñecemento mutuo.doc


4. Proxecto de traballo: Este documento describe con detalle o proxecto que se quere iniciar. Debe ser o produto da negociación entre os dous socios (a diferenza da “Proposta de proxecto”, que é a idea persoal inicial) e o último paso antes de inscribir o proxecto na plataforma.

04 Proxecto de traballo.doc


5. Folla de sesión: É conveniente que se recolla toda a información posible do desenvolvemento do proxecto. Esta información será moi útil para redactar a memoria final do proxecto eTwinning, que poderás presentar ós teus compañeiros e ás autoridades académicas. Recorda que a elaboración desta memoria non é obrigatoria. En todo caso, pode ser de gran axuda para recompilar información con vistas a novos proxectos, á solicitude dun Selo de Calidade ou para profundizar nos temas tratados máis alá do irmandamento.

05 Folla de sesión.doc


6. Informe de seguimento: Sería conveniente que nalgún momento do desenvolvemento do proxecto se revise o feito ata entón, o que se está conseguindo e cómo se pode mellorar, modificando no seu caso o que sexa necesario. Tamén será de axuda para redactar a súa memoria final, no caso que decidas elaborala. Talvez che sirva como documento a presentar ante as autoridades académicas da túa Comunidade con vistas ó recoñecemento do teu traballo.

06 Informe de seguimento.doc


7. Avaliación final: Observaranse tanto os aspectos positivos como negativos na motivación dos alumnos e a súa aprendizaxe, así como a incidencia da comunicación directa deles con alumnos doutros países, a súa contribución ó desenvolvemento da dimensión europea da aprendizaxe e o uso das novas tecnoloxías na aula. Talvez che sirva como documento a presentar ante as autoridades académicas da túa Comunidade con vistas ó recoñecemento do teu traballo.

07 Avaliación final.doc


8. Formularios: Todos os formularios anteriores, reunidos nun arquivo comprimido.

Formularios.zip



Volver a la Unidad 4 Siguiente: Documentos 4.b: Cómo rexistrar un proxecto


Ferramentas persoais
Contacto