Documentos 3.b: Rexistro

De eTwinning

Volver á Unidade 3


Dentro desta unidade coñeceremos aqueles aspectos relevantes sobre a inscrición no directorio de eTwinning e o manexo das seccións do Escritorio de eTwinning.

Índice

Rexistro en eTwinning

A primeira acción que debemos facer para participar en eTwinning é darnos de alta na páxina web do SCA, www.etwinning.net (lembra que tamén pode accederse desde o enlace directo na páxina do SNA www.etwinning.es).

A inscrición no directorio de eTwinning supón:

  • Entrar a formar parte dun colectivo de docentes europeos interesados en poñerse en contacto para iniciar traballos colaborativos.
  • Poder acceder a unha plataforma virtual, chamada Escritorio de eTwinning, con ferramentas que nos permitirán crear e xestionar proxectos eTwinning.
  • Poder participar nos módulos de formación online.
  • Iniciar ou formar parte dos Grupos eTwinning, comunidades de profesores onde intercambiar ideas, información e experiencias e discutir sobre temas de interese común.

El proceso de inscripción es el mismo en la plataforma de prácticas y en la real y consta de tres pasos: preinscrición, confirmación da preinscrición e rexistro.




Describimos estes pasos a continuación: 

Preinscrición

Accedemos á web do SCA de eTwinning, http://www.etwinning.net (ou á plataforma de prácticas/training, http://www.etwinning-training.net), e facemos clic no botón 'Inscrición'.



Aparece a pantalla de preinscrición, onde nos piden unha serie de datos persoais básicos, todos eles obrigatorios: nome, apelidos, enderezo de correo electrónico, un nome de usuario e un contrasinal.

Se o nome de usuario xa estivese rexistrado por outra persona, sairíanos unha mensaxe indicando que elixamos outro. É importante que lembremos o nome de usuario e o contrasinal, xa que se utilizarán frecuentemente.

Confirmación de la preinscripción

Unha vez que se faga clic no botón 'Enviar', os datos da preinscrición quedan rexistrados e envíansenos unha mensaxe de correo electrónico ao enderezo de email que introducimos. Dentro deste correo mándasenos un enlace para confirmar a preinscrición.



IMPORTANTE: É posible que o teu servidor de correo clasifique a mensaxe de confirmación como correo non desexado ("spam"). Se non o recibes en poucos minutos, ponte en contacto co Servizo Nacional de Apoio (asistencia@etwinning.es) e comunícalles a incidencia, dándolles os datos que usaches na túa preinscrición.

Rexistro

Ao facer clic no enlace que se nos mandou por correo electrónico, aparécenos unha ventá onde se teñen que encher varios formularios:

  • Paso 1: Información sobre o seu centro escolar. Dentro deste paso preguntaránsenos os datos do noso centro de traballo.
    O noso centro pode estar inscrito xa en eTwinning, xa que outro compañeiro puido telo feito previamente. A primeira información que se nos pide é que deamos os datos do país, comunidade autónoma e localidade:



  • Aparécenos unha lista con todos os centros inscritos en eTwinning desa localidade. Se está o noso centro entre eles, faremos clic en 'Esta é a miña escola' e pasaremos ao paso 2.



  • En caso contrario, faremos clic no botón que aparece ao final da lista, 'Faga clic aquí para inscribir un novo centro escolar', e aparécenos un formulario onde se nos preguntan datos do noso centro de traballo.


  • Os datos que nos preguntan son: nome oficial, enderezo, cidade, código postal (non obrigatorio), código do centro (non obrigatorio), teléfono (non obrigatorio), correo electrónico, páxina web (non obrigatorio), e o nome, apelidos e correo electrónico do Director ou Xefe de Estudos do noso centro. Algún destes datos son obrigatorios e pode que non os coñezamos. Con posterioridade ao rexistro pódese modificar calquera dato, así que na inscrición podemos poñer algún dato ficticio e posteriormente poderémolo modificar cando o coñezamos.


  • Paso 2: Información sobre Vd. Neste paso aparécenos un formulario onde se nos pregunta sobre o posto ocupado no noso centro, as materias que impartimos e sobre se queremos recibir no noso enderezo de correo o boletín de eTwinning, con información sobre novidades do programa*.

*Nota:non confundir o boletín europeo co nacional

  • Paso 3: Preferencias de irmandamento. Pregúntase neste formulario sobre a temática que nos atrae, realizando unha breve descrición das nosas preferencias.

Os campos que compón este formulario son:
  • Kit de proxecto eTwinning. Recordemos que estes kits teñen proxectos preparados para ser levados directamente á práctica, o que nos facilitaría a elaboración do proxecto. No caso de contestar que sí, ábresenos unha lista para seleccionar o tipo de kit.
  • Ideas para un proxecto de eTwinning. Convén expresar estas ideas en todos os idiomas nos que poidas comunicarte cos teus posibles socios, xa que será lido por eles. Se iso ocupa moito espazo, redáctaas no teu idioma de comunicación preferido e engade un corto resumo nos outros. E non enquezas que o español como lingua estranxeira ten cada vez máis difusión en Europa.
  • Áreas de coñecemento para o proxecto. Débense elixir só 2 ó 3 materias para así concretar as nosas preferencias.
  • Idiomas que se desexan utilizar no proxecto.
  • Franxa de idades dos alumnos que participarán no proxecto.


  • Paso 4: Vista preliminar e confirmación. Neste paso aparece toda a información que fomos engadindo nos pasos anteriores, permitindo modificar aqueles datos que non fosen correctos.

Se os datos son correctos, facemos clic no botón 'Enviar'. Se hai algún dato erróneo nalgún dos pasos, facemos clic no botón 'Modificar' do paso correspondente.

Unha vez confirmados os datos no Paso 4, teremos concluído o noso rexistro en eTwinning e apareceranos unha mensaxe confirmándoo.


A partir de agora, mediante o nome de usuario e contrasinal que empregamos na preinscrición, poderemos acceder ao espazo virtual 'Escritorio de eTwinning'.

Ver en pantalla completa - Rexistro en eTwinning



Volver a la Unidade 3 Siguiente: Documentos 3.c: Escritorio




Ferramentas persoais
Contacto