Documentación 6.d. Diario de Proxecto. Grupos eTwinning. Encontros didácticos

De eTwinning

Volver á Unidade 6


Neste apartado aprenderás algunhas nocións básicas sobre o Diario de Proxecto, os Grupos eTwinning e os Encontros Didácticos en liña. Abordaremos cómo empregar o Diario de Proxecto e cómo participar nun Grupo eTwinning e/ou nun Encontro Didáctico.

Éstes son os documentos que atoparás:

1. Diario de Proxecto. É unha ferramenta de seguimento e avaliación do proxecto (no caso de que ésta última se queira facer). Permite a comunicación entre os socios e entre os socios e os seus respectivos Servizos Nacionais de Apoio.

2. Grupos eTwinning. É unha funcionalidade de recente implantación que permite ós profesores debater temas ou materias específicas nun entorno reservado.

3. Encontros Didácticos en liña. Son actividades de formación para profesores, encontros virtuais curtos e intensivos, de entre unha e dúas semanas.

Estas funcionalidades do Escritorio non son necesarias para levar a cabo un proxecto eTwinning, de aí que se ubicasen ó final deste curso. Non obstante, contribúen a organizar e enriquecer os proxectos (no caso do Diario de Proxecto) e facilitan a interrelación entre os profesores con intereses comúns e o desenvolvemento profesional dos mesmos (no caso dos Grupos e dos Encontros Didácticos, respectivamente).


Diario de Proxecto

O Diario de Proxecto é unha utilidade cuxo obxectivo é que os profesores socios deixen constancia das etapas e os detalles máis importantes no desenvolvemento do proxecto. Cando este rematou, o Diario de Proxecto pode constituír un magnífico documento base para unha avaliación final conxunta do mesmo, que sería importante levar a cabo.
Vexamos cómo empregalo:

Entradas no Diario

1.- Accede ó teu Escritorio e na pestana PROXECTOS selecciona o proxecto sobre o que vas traballar. Na columna da dereita Accións, pica en Administrar o Diario de Proxecto.




2.- Fai clic en Publique unha mensaxe



3.- Pon un título e introduce o texto da mensaxe. Despois, selecciona a opción que desexes: A mensaxe pode ser vista só polos socios (agochada), pública ou, polos usuarios rexistrados en eTwinning. Non te esquezas de picar en Gardar.



4.-. Aparecerache a seguinte pantalla:


5.- Fai primeiro clic en Publicar diario e se queres ver o aspecto da entrada, tal e como se presenta, fai clic en VER.



Así queda a mensaxe. Aparece a data na que se publicou e o autor.



Comentarios

Observa que en cada entrada se poden engadir comentarios. Para facelo, pica en Add a comment/Engadir un comentario.



Fai clic en Submit.


Volvendo ó teu Escritorio persoal e a Administrar o Diario de Proxecto, podes moderar este comentario, é dicir, pódelo Aprobar ou rexeitar.




Para isto, tes que Activar a moderación dos comentarios.

Apareceranche dúas opcións:
Se seleccionas Non Activar a moderación dos comentarios, os comentarios publicanse sen que sexa necesaria a súa moderación. Aínda que simplifica o teu labor, pode ocorrer que aparezan comentarios “indesexables”.
Se o aprobas, aparecerache como na imaxe de abaixo,


Ó facer clic en Moderar os comentarios, aparece unha lista cos que xa están aprobados e os que están pendentes.


Desde a ventá principal, para ler un comentario, pulsa en Read more/ler máis



A cada entrada no Diario, pódeselle adxuntar unha imaxe de ata 4 megas en formato JPG/JPEG ou GIF que aparecerá no lateral esquerdo. Chega con encher o campo da imaxe de abaixo ó facer a entrada.



Este é o aspecto que presenta a entrada despois de cargar a imaxe.


Tamén podes acceder ó Diario de Proxecto desde a pestana Perfil, e na parte lateral esquerda, módulo Os meus proxectos.


Ver en pantalla completa 'Diario de Proxecto'

Grupos eTwinning

Os Grupos eTwinning son comunidades de profesores centradas nun tema de interese común. Están adicados a profesores rexistrados na plataforma que queren debater temas ou materias específicas nun entorno reservado. Para participar nun grupo hai que inscribirse. Neste momento, tanto os temas como os moderadores dos grupos estarán propostos polos Servizos Nacionais e Central de Apoio, aínda que nun futuro próximo, os profesores poderán iniciar e moderar os seus propios grupos.

Os Grupos dispón de ferramentas como foros, wikis, blogs, galería de imaxes. O administrador de cada Grupo decide o contido que se publica para que os que non sexan membros de dito grupo poidan acceder a determinada información e quizais despois poidan estar interesados en formar parte del.

Para participar nun Grupo, tes que solicitar a túa admisión. Para isto, vai á páxina do Servizo Central de Apoio http://www.etwinning.net



Fai clic nos diferentes Grupos eTwinning que aparecen na parte inferior da páxina ou ben desde o teu Escritorio:



Faciendo clic nalgún deles, aparecerache un cuestionario que tes que encher.




Unha vez que enviaras a petición, recibirás unha mensaxe de correo electrónico na que che indican que xa podes acceder.

Os Grupos non sempre están disponibles para recibir máis inscricións. Son os moderadores os que deciden cando se abren e cando se pechan. Accede con regularidade á páxina do Servizo Central de Apoio e alí verás anunciados os grupos que admiten novos membros.

Unha vez que esteas admitido nun grupo, se queres participar, accede co teu nome de usuario e contrasinal ó teu Escritorio eTwinning, pestana Inicio, módulo Grupos. Fai clic na icona GO TO GROUP/ACCEDE Ó GRUPO daquel no que vas intervir.



O número de Grupos e a temática pode variar no tempo segundo a súa aceptación e evolución. Hainos de diferentes temas (Humanidades, Linguas, Ciencias Experimentais, Inclusión social, Integración Curricular, etc.) e dirixidos a distintos estamentos educativos (Directores de centros escolares, Responsables de Bibliotecas, Profesores de Idiomas, etc.).

A participación nun Grupo permite ós seus membros un intercambio continuo de experiencias, de recursos e de ideas que poden ser útiles para o seu traballo nun proxecto eTwinning ou na súa práctica docente.



Encontros Didácticos en liña

Os Encontros didácticos son actividades de formación para profesores, encontros virtuais curtos e intensivos –de entre unha e dúas semanas- que tratan sobre diferentes temas de varios niveis e disciplinas docentes. Teñen como obxectivos estimular as ideas e desenvolver competencias sen requirir un compromiso a longo prazo, no que ó seu tempo se refire.

Están dirixidos por un experto e ofrecen un traballo activo e debates entre profesores de toda Europa, deseñado de xeito que sexan unha experiencia de aprendizaxe amena e atractiva.

Realízanse en varios idiomas (ata agora houboos en inglés, francés e alemán) e neste curso escolar tamén haberá en castelán. O abano de linguas irase abrindo paulatinamente.

Cada encontro consta de traballo persoal, debates e xornadas de reflexión. Os materiais atópanse na rede, pódese acceder a eles cando se desexe.

No Escritorio do profesor aparecerá o enlace para inscribirse, aproximadamente unha semana antes de que o evento comece.



Ademáis, na páxina web do Servizo Nacional de Apoio anúnciase o inicio do período de inscrición. Hai que ter en conta que o número de participantes é alto e adoita estar limitado, polo que convén estar atento/a a estas noticias.

A información completa sobre estes encontros aparece no portal do SCA, na sección de "Desenvolvemento profesional", apartado de "Encontros Didácticos". Alí verás as últimas actividades levadas a cabo.

Enlace á información do SCA




Volver á Unidade 6 Siguiente: Documentación 6.e. Permisos. Dereitos de uso dalgunhas ferramentas


Ferramentas persoais
Contacto